Rodrigo Cuevas, Premio Folgueira 2023 en reconocemento del sou labor en pro da normalización del galego de Asturias

A asociación decidiu distinguir como Socio de Honor a Benigno Fernández Braña "pola importancia histórica del sou compromiso".

Recomendados

Redacción Nortes
Redacción Norteshttps://www.nortes.me
Te contamos lo ocurrido centradas en la periferia.

A xunta directiva de Axuntar, asociación prá normalización del galego de Asturias, decidiu por unanimidá otorgar el Premio Folgueira 2023, en reconocemento del sou labor en pro da nosa lingua e pola importancia que el arte ten como elemento transformador e democratizador das sociedades, al músico e artista asturiano Rodrigo Cuevas González.

Además, e tamén por unanimidá, decidiu distinguir como Socio de Honor a Benigno Fernández Braña, en reconocemento del sou labor en pro da nosa lingua e pola importancia histórica del sou compromiso na dignificación del galego en Asturias.

Ambos galardois serán materalizados simbolicamente en dúas obras representativas dúa folgueira, emblema de Axuntar, realizadas por el ceramista tapiego Javier Cancio.Os premios serán entregados nun acto organizado por esta entidá cultural, que se celebrará na Casa da Cultura de Boal el 28 de outubre ás 16:00 h nel marco da presentación del II Informe sobre a lingua del Eo-Navia, editado por Axuntar.

Actualidad